A Fiscalía non actuou de oficio no caso da Cidade da Cultura tal e como poñíamos de manifesto o pasado martes, pero sí vén de admitir a trámite unha denuncia que presentou fai uns días unha nova plataforma cidadá liderada polo ex-secretario xeral da CIG-Administración, Xan Carlos Ansia.
A Plataforma “Cultura Sí, Mausoleo non” quere que se diriman posibles responsabilidades penais por parte dos anteriores gobernantes da Xunta de Galicia e ten manifestado tamén a súa posición contraria á investigación no parlamento de Galicia.
Eu sigo pensando tres cousas fundamentais, primeiro que á vista do informe do Consello de Contas trasladado á cidadanía a través dos medios de comunicación podería ter actuado a fiscalía de oficio, non o fixo. Segundo, que non ten nada de malo que no parlamento se abra unha comisión de investigación e poidamos poñerlle algo máis de luz a este escuro episodio, e terceiro, que tan importante como o anterior, é coñecer con máis precisión o futuro da Cidade da Cultura, redifinición, contidos e proxecto museístico-cultural, xa que se acrecentan na sociedade galega as dúbidas sobre si ten sentido seguir adiante ou non con este proxecto.
Xa dixen en anteriores comentarios que ó meu xuizo a prioridade no gasto público debía ter ido por outro camiño cando concebiron este megaproxecto, para o actual goberno non foi fácil tomar unha decisión, dificil sen dúbida, e racionalizar a desfeita que atopamos.


MON CERVO escribiu:
Eu creo que se debe rematar a obra da cidade da cultura por que Galicia non pode permitirse paralizala e perder arredor de 500 millóns de €uros que se levan ali gastados. Ainda que se deberia de ir pensando en que destino darlle xa que si non se pensa esto a cidadania galega pode pensar que o goberno actual non actua con rigor e é coma o da antiga Xunta do PP. E tamen decir que arranxar esta desfeita vai ser unha tarefa dificil para a Xunta de Galicia por que estamos a falar dun gasto inmenso de cartos públicos, que de non ser os pensamentos faraonicos do Sr. Fraga para deixarnos o seu mausoleo poitico, poderian ivestirse e moitas cousas que a dia de hoxe e máis cando se adudicou o proxecto, Galicia ten necesidade. Adiante AMIGO Lage con xeitiño e con mesura seguro que logrades que esta nave chegue a bon porto.
Unha aperta
lage escribiu:
Ola Mon, É evidente que a decisión non foi fácil para o goberno. Despois do que se levaba gastado había que pensar como redifinir o proxecto e sacar adiante outro tipo de proxecto, pero é normal que despois do que pasou haxa dúbidas na cidadanía ó respecto do futuro da cidade da cultura.
unha aperta