A Vicepresidencia de Anxo Quintana. ….!

Optei polos puntos suspensivos porque non podo dar crédito ó que escoito cada vez que poño a radio. Supoño que moitos de vos xa teredes escoitado esa cuña radiofónica na que se fala de “A Vicepresidencia de Anxo Quintana….” no canto de falar da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ou da Xunta de Galicia, sen máis.

 Penso que é admisible falar da Vicepresidencia da Xunta como si se fala da Consellería de Política Territorial. A Vicepresidencia do goberno de Galicia é un departamento cunha serie de competencias en materia de políticas sociais e igualdade e ten todo o dereito a publicitar as súas actuacións, a pesares do moito que criticaron ós gobernos anteriores por campañas propagandísticas ….

O que me parece inadmisible e esperpéntico é o falar da Vicepresidencia de Anxo Quintana, como se fose del, como se os departamentos fosen das persoas, ….. e máis despois de falar durante anos da patrimonialización da Xunta por parte do Partido Popular…..

Alguén terá que dicir algo sobre esta desafortunada utilización dos recursos públicos!!! Eu persoalmente non estou disposto a quedarme calado.

Formamos parte da mesma maioría que apoia ó goberno presidido polo compañeiro Emilio Pérez Touriño pero non todos somos iguais, ou polo menos eu non estou disposto a mirar para outro lado diante deste auténtico disparate.



8 comentarios para “A Vicepresidencia de Anxo Quintana. ….!”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>