Autor
Datos Persoais:
Nacín en Outes no ano 1977.
Estudiei EXB no Colexio Público de A Serra (Outes) e B.U.P. e C.O.U. no Instituto Virxe do Mar de Noia.
Nestes momentos estou rematando os meus estudos de Ciencias Políticas e Administración Pública na Universidade de Santiago de Compostela realizando o 5º curso.
Tamén estou rematando a Diplomatura de Estudios Superiores da Defensa Nacional na facultade de Dereito da USC.
Dende o ano 1998 ata o 1999 fun Xefe de Persoal e Organización Xeral do Consello da Xuventude de Galicia, exercendo a Secretaría Xeral Técnica.
Fun auditor interno do Consejo de la Juventud de España entre o ano 2004 e o 2006
Participación política:
- Militante das XSG (Xuventudes Socialistas de Galicia) dende o ano 1993.
- Militante do PSdeG-PSOE (Agrupación Local de Outes) dende o ano 1995, ó cumprir a maioría de idade.
- No IX Congreso Nacional da organización xuvenil do PSdeG-PSOE celebrado o 24 de Novembro de 1996, fun elixido Portavoz Nacional das XSG , exercendo a máxima responsabilidade na organización durante o período 1996 - 1999.
- O 24 de Xullo de 1999, no X Congreso Nacional das mocidades do PSdeG (XSG) fun elixido Secretario Xeral, revalidando o liderado da organización xuvenil. Desempeñei esta tarefa entre o ano 1999 e o 2002.
- No Congreso Extraordinario de Ourense do PSdeG-PSOE sain elexido membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE (outubro de 1998 - xullo 2004).
- Membro do Comité Federal do PSOE (máximo órgano entre congresos do partido a nivel estatal) dende o ano 2000 ata o 2004, en representación das Juventudes Socialistas de España.
- Candidato nº 7 pola provincia de A Coruña ás eleccións autonómicas do 2001 e do 2005, polo PSdeG-PSOE.
Cargos institucionais:
- Secretario Xeral Técnico do Consello da Xuventude de Galicia dende o ano 1998 ó 1999.
- Membro de Pleno Dereito do Consello Escolar de Galicia dende o ano 2000 ata a actualidade.
- Presidente do Consello da Xuventude de Galicia, organismo público de carácter consultivo creado por Lei 2/1987 do Parlamento de Galicia, dende o 14 de Febreiro do 2003 ata a incorporación ó Parlamento de Galicia en maio de 2004.
- Auditor Interno do Consejo de la Juventud de España entre o 2004 e o 2006. Elixido na XIV Asemblea Xeral do CJE.
- Deputado no Parlamento de Galicia dende maio de 2004.
- Portavoz de Medio Ambiente e de Medios de Comunicación do G.P. Socialista na VI Lexislatura do Parlamento de Galicia.
- Portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista e Portavoz de Mocidade na VII Lexislatura(a actual).
- Membro das Comisións de Pesca e Marisqueo, Economía e Facenda, Control da CRTVG, Asuntos Europeos e Política Territorial e Medio Ambiente,
Asociacionismo, participación social e universidade:
- Fundador da Asociación de Estudantes “Virxe do Mar ” do Instituto de Bacharelato “Vires do Mar “ Noia, e Presidente entre o ano 1993 e 1995.
- Fundador do sindicato estudantil IESGA.
- Fundador das Asociacións Cultural e Deportiva “Recuncho da Ría” e Asociación Xuvenil “San Campio” de Outes, no ano 1993.
- Estou afiliado á UGT dende o ano 1998.
Chámome 
