Himno Galego: “Non nos entenden, non”

partitura-himno-galego 

El Mundo tentou o pasado luns ridiculizar o himno galego, a raíz dunhas manifestacións de Anxo Quintana sobre a celebración do centenario do himno composto por Eduardo Pondal. A manipulación de El Mundo é vergoñenta e para min supón unha afrenta a tódolos galegos!

As palabras do Vicepresidente da Xunta ó respecto do centenario, que será o vindeiro 20 de decembro, foron retorcidas polo diario madrileño co obxecto de buscar unha fenda entre bós e malos, entre os que que entenden o galego e os que non … e aí foi onde a min me veu a cabeza o que di o himno: “Non nos entenden, non”, exacto.

O centenario do himno galego é  un feito a celebrar dende as diferentes institucións do País (a Xunta de Galicia, O parlamento ou o Consello da Cultura) e polo conxunto da sociedade galega con total normalidade. Só faltaría!

 Coincido co exposto por Manuel Bragado en Brétemas cando afirma que “o máis sorprendente do caso non é a intención claramente denigratoria que o periódico de Pedro J acomete cara un dos símbolos nacionais de Galicia (e por extenso co pobo galego), senón a paupérrima argumentación e documentación (tradución ao castelán do texto de Pondal, incluída) que utiliza, absolutamente impropia dun chamado “xornal de referencia”.

Cabe recordarlle a PJ Ramírez que a Lei de Símbolos de Galicia foi aprobada por unanimidade en 1984 polo parlamento galego, sendo votada polos deputados de AP e UCD que eran abrumadora maioría na primeira lexislatura da nosa autonomía (24 e 22 respectivamente).

O Himno galego é a xuizo de moitos expertos un dos de maior categoría poética, en palabras de Ramón Villares: “da autoría do bardo por antonomasia” Eduardo Pondal e que “ representa a unha etapa histórica, o rexionalismo,e polo tanto debe ser entendido nese contexto”.

Villares ten asegurado que tódolos himnos teñen un eixo común,que é ”a defensa do propio” e a defensa contra os inimigos, incluso falando de “matar”, como existen algunos casos. Non é o caso de Galicia onde as palabras malinterpretadas, de “imbéciles” e “escuros” se refieren, según a interpretación do catedrático Manuel Ferreiro sobre esta obra, ós que son “blandos”. Parece ser que a “connotación semántica” que se pretende transmitir agora “aparece máis tarde, non na idea de Pondal”.

Atribuir a un tal “Arturo Pondal” os versos do himno é unha boa mostra da ignorancia coa que se expresan dende este xornal ó igual que o fan ó quitar de contexto algúns versos do mesmo, dando unha boa mostra de desprezo.

Todos sabemos que os Himnos responden a un momento determinado da historia, e son como son ….  postos a revisar, daquela teríanse que eliminar case todos, seguramente.

Diante do ataque do diario El Mundo toca responder con serenidade pero con toda claridade. Non se trata de ser nacionalistas (eu non o son) ou defensores de Pondal, aquí trátase xa de defender os nosos símbolos, o noso país, Galicia, o noso ser, e non deixarnos pisotear por aqueles que nunca entenderon nin polo que se ve entenderán, que Galicia é un País con cultura e lingua propia. Fagámonos respectar!!!.



2 comentarios para “Himno Galego: “Non nos entenden, non””


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>