Hoxe ás 22h 30 no Pub Momo de Santiago, teremos a oportunidade de desfrutar da voz e a música de Silvia Penide.
Esta coruñesa de 25 anos interpretará temas dos seus traballos “Kilómetros” e “Invisible”. Unha voz profunda que seguro que non nos deixará indifirentes. As súas estrofas enganchan dende o primeiro momento.
Descubrina cando unha amiga me fixo chegar o seu traballo “kilómetros”, dende aquela forma parte da miña biblioteca musical, e no meu coche sempre hai un oco para a súa doce voz.
Vémonos no Momo. Non faltedes

