Solbes e o Estatuto de Galicia

 pedro solbes

Máis alá de que todos sabemos que os cidadáns non se levantan polas mañá pensando no Estatuto de Autonomía (recurso dialéctico fácil para tratar de rebaixar a importancia dunha Norma importante que afecta á vida diaria dos cidadáns), é importante que saibamos que nos estamos a xogar.

Atopábame esta mañá cunhas declaracións de Pedro Solbes, o vicepresidente do Goberno de España, nas que  afirma que as inversións do Estado en infraestructuras nos territoiros deben “regularse de forma externa a los estatutos”, cuestionando a proposta que os socialistas galegos e máis as outras forzas políticas galegas teñen para a reforma do estatuto de autonomía de Galicia.

Cando se tramitaron os proxectos de estatuto de Cataluña e Andalucía non lle escoitei ó responsable do Ministerio de Economía decir nada. Pois, ou ben estaba trabucado antes ou ben o está agora. Xa que si as contas non cadran, o responsable é él que para iso é o Ministro de Economía e Facenda.

É hora tamén de incorporar ás Comunidades Autónomas ás decisións en política financieira, na corresponsabilidade fiscal e no artellamento dun sistema federal que permita o desenvolvemento e a cohesión.

Solbes, é un bo ministro dende o meu punto de vista, nembergantes penso que desta vez non estivo moi atinado.



2 comentarios para “Solbes e o Estatuto de Galicia”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>